The Marvelous Mrs. Maisel | |
---|---|
Formato | Comedia Drama |
Creado por | Amy Sherman-Palladino |
Desenvolvido por | |
Intérpretes | |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 5 |
Episodios | 43 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Nova York |
Cámara | Unha cámara |
Duración | 43–76 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Amazon Prime Video |
Primeiro episodio | 17 de marzo de 2017 |
Derradeiro episodio | 26 de maio de 2023 |
Na rede | |
https://www.amazon.com/dp/B06WPB59TM | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Marvelous Mrs. Maisel é unha serie de televisión de comedia e drama creada por Amy Sherman-Palladino, a cal se estreou en Amazon Prime Video o 17 de marzo de 2017. Está ambientada na cidade de Nova York nas décadas de 1950 e 1960, con algúns "saltos" a décadas posteriores na derradeira tempada, e está protagonizada por Rachel Brosnahan no papel de Miriam "Midge" Maisel, unha ama de casa que descobre o seu talento para a comedia e comeza unha carreira profesional neste campo. O resto do elenco está composto por Alex Borstein, Michael Zegen, Marin Hinkle, Tony Shalhoub, Kevin Pollak, Caroline Aaron, Jane Lynch e Luke Kirby. O episodio piloto recibiu a aclamación da crítica e a serie foi recollida por Amazon Studios. A quinta e derradeira tempada estreouse o 14 de abril de 2023,[1] e rematou o 26 de maio de 2023.